Saturday 04 de May de 2024

Cabalgata 2022 en Camariñas


Os Reis Magos chegarán por mar a Camariñas este mércores, 5 de xaneiro. Ás 11 horas serán recibidos no porto pola alcaldesa, Sandra Insua, antes de comezar o seu percorrido que os levará por todas as parroquias, saudando así aos nenos e nenas e repartindo caramelos.

O percorrido, que comezará no porto de Camariñas, está previsto que remate ao redor das 20 horas en Lingunde.